Códigos de acceso
O código de seguridade axúdalle a protexer o teléfono contra o uso non autorizado.
Pode crear e cambiar o código e axustar o teléfono para solicitar o código. Garde o
código nun lugar secreto e seguro lonxe do teléfono. Se esquece o código e o teléfono
se bloquea, será necesario acudir ao servizo técnico. Nese caso é posible que se
10
Uso básico
apliquen custos adicionais e que se eliminen todos os datos persoais do teléfono.
Para obter mis informacin, pase en contacto cun servizo de atencin ao cliente de Nokia
Care ou co distribuidor do teléfono.
O código PIN proporcionado coa tarxeta SIM protexe a tarxeta contra o uso non
autorizado. O código PIN2 proporcionado con algunhas tarxetas SIM requírese para
o acceso a algúns servizos. Se introduce o código PIN ou o PIN2 incorrectamente tres
veces seguidas, pediráselle o código PUK ou o PUK2. Se non os ten, póñase en
contacto co seu provedor do servizo.
O PIN do módulo é preciso para acceder á información do módulo de seguridade da
tarxeta SIM. O PIN de sinatura pode ser necesario para a sinatura dixital. O contrasinal
de restricións é preciso cando se usa o servizo de restrición de chamadas.
Para determinar o xeito no que o teléfono empregará os códigos de acceso e os
axustes de seguridade, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
.