Axustar unha páxina web á pantalla do seu teléfono
O seu navegador web pode optimizar páxinas web para a pantalla do seu teléfono. En
lugar de ter que ampliar a imaxe, a páxina web aparece nunha columna individual de
texto e imaxes máis grandes e que se poden ler.
Seleccione
Menú
>
Internet
.
Seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Vista de columna
.
Para dirixirse a seccións diferentes dunha páxina web rapidamente, seleccione unha
das seguintes opcións:
/
Permite dirixirse á sección anterior ou seguinte da páxina web.
Permite iniciar sesión na páxina web.
Permite dirixirse á sección principal da páxina web.
Permite buscar na páxina web.
Permite ler fontes RSS.
As opcións dispoñibles poden variar.
Esta vista non está dispoñible para sitios web deseñados para o uso co móbil.