Inserir unha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas de memoria compatibles autorizadas por Nokia para
utilizarse co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
O teléfono admite tarxetas de memoria cunha capacidade de ata 32 GB.
1 Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
2 Asegúrese de que a zona dos contactos da tarxeta de memoria se atope orientada
cara a arriba e insira a tarxeta. Empuxe a tarxeta ata que quede encaixada.
3 Peche a tapa da rañura para tarxetas de memoria.
8
Introdución
Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada
por unha aplicación. Podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo
e danar os datos almacenados na tarxeta.
A tarxeta de memoria pódese extraer ou substituír sen apagar o teléfono.
Extraccin da tarxeta de memoria
Empuxe a tarxeta cara ao interior ata liberala e tire dela cara a fóra.