Nokia Asha 201 - Inserir a tarxeta SIM e a batería

background image

Inserir a tarxeta SIM e a batería

Importante: O dispositivo está deseñado para utilizarse unicamente cunha

tarxeta SIM estándar (consulte a ilustración). O uso de tarxetas SIM non compatibles

pode producir danos na tarxeta ou no dispositivo e danar os datos almacenados na

tarxeta. Póñase en contacto co seu operador de telefonía móbil para obter

información acerca do uso dunha tarxeta SIM que dispoña dun interruptor mini-UICC.

Este tel fono est destinado a empregarse con bateras BL-5J. Utilice sempre baterías

orixinais de Nokia.

1 Coloque o dedo no oco situado na parte inferior do teléfono e levante e extraia

con coidado a tapa posterior.

2 Se a batería está inserida, retírea.

6

Introdución

background image

3 Deslice o soporte da tarxeta SIM para desbloquealo (1) e utilice a súa uña para

levantalo. Asegúrese de que a área de contacto estea orientada cara a abaixo

cando o soporte da tarxeta SIM estea baixado (2), insira a tarxeta SIM no soporte

e báixeo (3). Deslice o soporte da tarxeta para bloquealo (4).

4 Aliñe os contactos da batería e do compartimento desta e insira a batería. Para

volver poñer a tapa no seu sitio, primeiro dirixa os peches de seguridade da parte

superior cara á rañura correspondente e, a continuación, prema a tapa cara

abaixo ata que encaixe no seu lugar.