Realización de chamadas de emerxencia
1
Asegúrese de que o dispositivo estea acendido.
2
Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. É posible que tamén necesite levar a cabo o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM.
Información do produto e de seguridade
35
•
Desactive as restricións de chamadas que activou para o dispositivo, como a restrición de chamadas, a marcación
fixa ou os grupos de usuarios pechados.
•
Asegúrese de que o perfil Voo non se atope activado.
3
Prema a tecla Fin varias veces ata que se amose a pantalla Inicio.
4
Insira o número de emerxencia oficial da localidade na que se atope. Os números de chamadas emerxencia poden
variar en función da súa localización.
5
Prema a tecla Chamar.
6
Forneza a información necesaria coa maior precisión posible. Non finalice a chamada ata que reciba permiso para
facelo.
Importante: Active as chamadas de móbil e da Internet, se o dispositivo admite as chamadas da Internet. O
dispositivo pode intentar efectuar as chamadas de emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de servizos de
chamadas da Internet. Non se pode garantir que a conexión funcione en todas as condicións. Nunca dependa unicamente
dun dispositivo sen fíos para efectuar comunicacións importantes, como urxencias médicas.