Nokia Asha 201 - Verbo da xestión dos dereitos dixitais

background image

Verbo da xestión dos dereitos dixitais
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das demais

persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,

modificación ou transferencia de imaxes, música e demais contido.

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM

para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido protexido con WMDRM

10 e OMA DRM 1.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido

soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta

anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM. Esta

anulación non afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante

DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define os

seus dereitos para utilizar o contido.

34

Información do produto e de seguridade

background image

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, tanto as licenzas como o contido perderanse se formata

a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda as licenzas e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda

das licenzas ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para

obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.