Nokia Asha 201 - Copiar contido entre o seu teléfono e un ordenador

background image

Copiar contido entre o seu teléfono e un ordenador
Pode utilizar un cable de datos USB para copiar imaxes e outros contidos entre o seu

teléfono e un ordenador compatible.

1 Utilice un cable de datos USB para conectar o teléfono a un ordenador.
2 Seleccione un dos seguintes modos:

Nokia Suite — Nokia Suite está instalado no ordenador.
Transfer. multimedia — Nokia Suite non está instalado no ordenador. Se desexa

conectar o seu teléfono a un sistema de lecer doméstico ou a impresoras, utilice

este modo.
Almacenaxe masiva — Nokia Suite non está instalado no ordenador. Este

teléfono amósase como un dispositivo extraíble no seu ordenador. Asegúrese de

que estea inserida unha tarxeta de memoria. Se desexa conectar o seu teléfono

a outros dispositivos como equipos estéreo domésticos ou de automóbil, utilice

este modo.

3 Para copiar o contido, utilice o xestor de ficheiros do ordenador.

Para copiar os contactos, ficheiros de música, vídeos ou imaxes, utilice Nokia

Suite.